A Golpe de Pedal Vigo - Vive a bici!

¡Unha Bici, un Sorriso!

O que queremos

  • Arranxar bicicletas usadas e recuperalas para un novo uso.
  • Ofrecer bicicletas dignas a nen@s de familias con recursos limitados.
  • Mellorar a calidade da infancia a través da ilusión que produce unha bicicleta na vida dun nen@.
  • Fomentar e estimular a solidariedade entre @s cidadáns.
  • Xerar, favorecer e facilitar entre a veciñanza o hábito solidario de entrega de bicicletas.
  • Garantir a recollida de bicicletas ao longo do ano.

Facelo como sempre

  1. Os cidadáns donan as bicicletas que xa non usan e poden levalas a diferentes puntos de recollida distribuídas por toda a cidade.
  2. A través do teléfono 010 e na páxina web do concello de Vigo a veciñanza disporá de toda a información do proxecto.
  3. Os talleres de bicicletas da cidade arránxanas de forma gratuita e recupéranas para un novo uso.
  4. A Golpe de Pedal xestiona a recollida e a almacenaxe antes do reparto, polo que pasarán polas tendas cun vehículo do Concello para recoller as bicis arranxadas (que se levarán ao almacén do Concello) e aquelas sen arranxar que se repartirán polo resto de tendas para poñerlas a punto.
  5. A Concellería de Benestar Social repartirá as bicicletas entre familias en situación de inclusión social e do programa "Infancia en familia", a través d@s traballador@s sociais que farán un estudo previo de necesidades.
  6. Farase unha entrega especial para que os Reis podan entregalas o día 6 de xaneiro. De todos os xeitos lembrar que se trata dun programa anual polo que a veciñanza ten a oportunidade de entregar as bicis durante todo o ano.
  7. As tendas e talleres que colaboran no arranxo das bici son un total de 10 e serán estas mesmas os puntos de recollida:

    ANCA, BICITOTAL, BICIOCON, CROMOLY, GALICIA EN BICI, GONZALO AGUIAR, NBIKE, NORBIKE, TREK e XTREMBIKE.

Preguntas frecuentes

  1. ¿Onde podo entregar a bici?
  2. ¿Hai prazo de entrega?
  3. ¿Onde me podo informar?
  4. ¿Que tipo de bici se pode entregar?
  5. ¿Quen se encarga da xestión e selección das familias?
  6. ¿Cando se entregan ás familias?
  7. ¿Hai algunha entrega especial?

¿Onde podo entregar a bici?
Nas seguintes tendas:

  • Anca - C/ Seara, 62. 36211 Vigo.
  • BiciTotal - Avda. Ricardo Mella, 282 - Coruxo | Av. Castelao, 17 | Travesía de Vigo, 102
  • Bici o con - Subida Pontillón, 40 36210 VIGO
  • Cromoly - Avd. Camelias 27 36202 Vigo
  • GAlicia en bici - Portela, 15 Bajo - 36205 Vigo
  • Gonzalo Aguiar - Av. Buenos Aires, 24 - Vigo
  • N Bike - Fernando Conde, 17 - 36203 Vigo
  • Norbike - Paseo Montero Ríos, 26 - bajo. C.P. 36201.
  • Trek vigo - Venezuela, 6 - 36203 Vigo
  • Xtrembike - Avda. Camelias, 48

¿Hai prazo de entrega?
xa que e un programa anual poderán entregarse durante todo o ano

¿Onde me podo informar?
No telefono 010 ou nesta paxina

¿Que tipo de bici se pode entregar?
Calqueira talla e modelo de bicicleta, xa que demandan para cativ@s, xóvenes e adultos

¿Quen se encarga da xestión e selección das familias?
Benestar Social do Concello de Vigo: Traballadoras sociales

¿Cando se entregan ás familias?
todos os primeiros xoves de mes

¿Hai algunha entrega especial?
no Nadal co gallo do día de Reis.