| Recollida de sinaturas |
|
Se queres colaborar na recollida de sinaturas en favor do carril-bici da Estrada pola Vía, descárgate o documento adxunto e cando estea completo envíanolo ao apartado de correos 9043 - 36203 Vigo Moitas grazas! Os/as abaixo asinantes, en nome propio ou en representación, subscriben o seguinte texto:
Defendemos o uso da bicicleta como medio de transporte (lecer, deporte, turismo) san e respectuoso co medio ambiente e a construción de vías ciclistas polas que circular, tanto na cidade de Vigo como no seu contorno. Por iso, pedimos a recuperación da Estrada da Vía (PO-325) como un espazo natural de uso cidadán e a construción dunha vía ciclista que comunique a cidade de Vigo coa Guarda.
¡ Si ó carril bici Vigo – Nigrán – Baiona - A Guarda ¡
|
