Actos Día Mundial en Recordo de las Vítimas de Tráfico

  1. INTRODUCCIÓN

O colectivo ciclista constitúen un dos usuarios máis débiles nas estradas, despois dos peóns. Día a día, a mobilidade en este medio de transporte está a aumentar nas cidades españolas, dado que promove unha mobilidade sostible e eficiente. A utilización da bicicleta como medio de transporte habitual resulta fundamental nun concepto de cidade máis humana.

Segundo os datos estatísticos da DXT, as bicicletas víronse implicadas en 3.469 accidentes, nos que faleceron 56 ciclistas e resultaron feridos 3.262. Os accidentes producíronse maioritariamente en zona urbana e o maior número de ciclistas falecidos produciuse na estrada (77%).

Por este motivo o vindeiro día 27 de novembro, durante a celebración do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, se levará a cabo unha marcha ciclista reivindicativa, para reclamar unha maior atención a este colectivo nas estradas.

  1. TRAZADO DA RUTA

    1. Recorrido de 9 Km

      • 9:30 horas. Concentración ciclista na rúa Montero Ríos (Náutico)

      • 9:50 horas. Inicio da marcha polas seguintes rúas (velocidade media 7 Km/h)

        1. Rúa Cánovas del Castillo

        2. Avda. Beiramar

        3. Rúa Eduardo Cabello

        4. Rúa Pescadores

        5. Rúa Paulino Freire

        6. Rúa Tomas Paredes

        7. Avda. Castelao

        8. Praza de América

        9. Rúa López Mora

        10. Rúa Camelias

        11. Paseo de Granada

      • 11:40 horas. Chegada ao Concello de Vigo

  1. ACOMPAÑAMENTO

  • Para garantir a seguridade dos asistentes á marcha, serán necesarios un vehículo policial na cabeceira e outro na cola.

  • Unidades motorizadas da Policía Local, encargaranse de realizar os cortes de tráfico durante o traxecto realizado, adiantándose a cabeceira da mesma.

  • Ademais dos dous vehículos e as unidades motorizadas, disporanse de 4 a 6 Policías da Unidade Seguridade Costa e Praia que nas súas bicicletas asegurarán o perímetro do pelotón e asistirán a calquera usuario que o necesite.

  • Na cola, situaranse tamén, un vehículo de asistencia sanitaria, para atender as necesidades que poidan xurdir.

 

 

 

 

 

Equipo de Educación Vial

 

Comentarios

Último accidente

Dos jóvenes de 19 años de edad que circulaban en bicicleta por el carril bici de la avenida de Castelao fueron atropelladas por un turismo...

Sinto non poder asistir á marcha do domingo... pero hoxe tiven oportunidade de lembrarlle ao Alcalde as súas promesas sobre o Carril Bici precisamente durante a conmemoración das víctimas de accidentes de circulación... e sabedes que respondeu?  Que sí, que xa estaba en conversas con A Golpe de Pedal para ver que se podía facer....  ¿será verdade... tamén dixo que pensaba seguir sendo alcalde de Vigo durante polo menos 12 anos máis...?  Así que xa sabedes... ou sí ou sopas !!!

Lembrar unha vella iniciativa sobre accidentes que sigue medio morta na Rede

So falta q vaia o "ponche" Caballero diante cun cartaz "ALCALDIA

Por Beiramar imos a visibilizar un montón o uso da bici?!?!?. E a subida de Tomás Paredes virá de maravilla ao concello para insistir en que Vigo non é apta para a circulación en bici polas pendentes que ten. Non me sorprende que por detrás estexan as mesmas autoridades municipais que levan anos desincentivando o seu uso.