A masa crítica en Vigo
Vigo é unha cidade moi hostil para os ciclistas. Contra o que pensa moita xente, o principal problema non son as costas: iso resólvese a base de seleccionar as rutas máis accesibles, entrenar un pouquiño, tomar as costas con calma e, se é preciso, baixarse da bici. A grande asignatura pendente de Vigo é o respeto aos ciclistas, por parte dos automobilistas, que moitas veces parece que pensan que son os donos da cidade, e sobre todo por parte das institucións, que sistemáticamente ignoran a nosa existencia e as nosas reclamacións de carrís bici, sinalización, etc.

Así a masa crítica nesta cidade é unha necesidade. Para que nos vexan. para que nos escoiten. Para que se unan a nos.

Desde hai uns anos un pequeno grupo de xente estábase a xuntar o primeiro domingo de cada mes ás 11:00 na Praza de América, pero seguindo o exemplo de tantas outras cidades queremos facernos máis visibles e a partir de abril do 2009 a convocatoria será para o último venres de cada mes ás 20:00 na Praza de América

Pouco a pouco o número de asistentes vai medrando, e confiamos en que esta iniciativa chegue a ter tanto éxito como en outras cidades de todo o mundo

 
Valid XHTML & CSS | Template Design ah-68 | Copyright © 2009 by Firma