| Masa Crítica |
Atención á nova convocatoria:
ültimo venres de cada mes ás 20:00 na Praza de AméricaDespois do éxito de facer a masa crítica os primeiros domingos de cada mes de xeito máis ou menos regular durante os últimos tres anos, xuntámonos uns compañeiros de fatigas e falamos de como podiamos facer de verdade para levar unha masa crítica máis combativa á rúa e así reforzar as nosas demandas ciclistas e o papel da bicicleta na nosa cidade.
Vexamos, a masa crítica que ten lugar os primeiros domingos de cada mes foi, e ademais segue sendo, unha boa maneira de coñecer a xente da bicicleta e quedar para dar unha volta dominical con xente de todas as idades e niveis físicos.
Con todo, no resto do mundo, a masa crítica realízase en horas punta, nos días máis conflitivos para o tráfico, xusto cando só os “valentes” saen á rúa en bicicleta, e así o queremos facer aqui tamén. Por iso, e como sempre, cómpre deixar claro que a masa crítica non é unha marcha de xente que sae de paseo en bicicleta, senón a decisión pesoal de cada un de saír á rúa para pedir sitio e respecto na calzada para os ciclistas, e un mundo menos contaminante e máis humano.
|

