Que é?
Trátase dun paseo colectivo en bicicleta que se celebra en diferentes cidades unha vez ao mes.

O movemento tivo a sua orixe en San Francisco (California) en setembro de 1992 e, rápidamente, espallouse por outras cidades en todo o mundo.

A idea foi moi sinxela. Un día, un grupo de ciclistas xuntouse para protestar polas condicións do tráfico, causando unha morea de problemas ao tráfico motorizado. Á xente gustoulle a experiencia e decidiron convertila en costume. Así, desde entón e unha vez ao mes, xúntanse no mesmo lugar e á mesma hora. O nome tomouse dun fenómeno que se da en China: Os ciclistas a miúdo non poden cruzar as interseccións debido ao tráfico e á inexistencia de semáforos. Pausadamente, máis e máis ciclistas amoréanse esperando para cruzar a rúa, e cando se xunta un número suficiente - unha masa crítica - poden moverse todos xuntos coa forza do seu número para parar o tráfico mentras cruzan.

A masa crítica non é unha manifestación e non está convocada por ninguén en particular, é unha xuntanza lúdica coa que pretendemos concienciar á cidadanía de que os usuarios da bicicleta temos o mesmo dereito a circular e a ser respetados que calquera outro veículo ou individuo. Ademáis, é unha boísima oportunidade de coñecer a outros ciclistas da tua cidade
 
Valid XHTML & CSS | Template Design ah-68 | Copyright © 2009 by Firma