Logo Agolpe de pedal

Logo Agolpe de pedal Vive la bici!

Por Alejandro hace 11 meses

Concurso Cartel A Pedaliña 2017


 
Cartel gañador do concurso A Pedaliña 2016
 
A Asociación A Golpe de Pedal (AGdP) e Concello de Vigo, coa colaboración da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), convoca o concurso de carteis anunciadores de A Pedaliña 2017.

Poderá participar no concurso o alumnado matriculado no curso 2016-2017 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, en Centros nos que se curse Bacharelato artístico nesta cidade e o alumnado da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Poderán presentarse de xeito individual ou en equipo.

O obxectivo deste concurso é seleccionar o cartel para a divulgación do programa do evento denominado A Pedaliña 2017, conxunto de actividades que se celebrarán o sábado 27 de maio, na contorna do monte do Castro de Vigo -con diferentes disciplinas ciclistas-, e o domingo 28 cunha marcha popular en bicicleta polas rúas da cidade.

Os traballos que se presenten deberán ser orixinais e inéditos, non presentados noutros concursos e que non supoñan, en todo ou en parte, copia ou plaxio de obras xa publicadas propias ou doutros artistas.

Ver "Bases concurso A Pedaliña 2017".pdf
 

Logos A Golpe de Pedal e Concello de Vigo

O prazo para a entrega dos traballos a concurso finalizará o día 18 de xaneiro de 2017, luns ás 13 horas, nas instalacións da EMAO.

Compartir en facebook Comentarios